Mecanismosv3

Rodas dentadas

entrada circular ⇄ saída circular· reversible

Experimenta animación interactiva das rodas dentadas

Comprende como funcionan as rodas dentadas

Os engrenaxes son rodas dentadas que engranan entre si para transmitir o movemento circular. Ao encaixar dente con dente non hai esvaramento, así que transmiten grandes potencias cunha relación exacta. Dúas rodas que engranan xiran en sentidos contrarios.

A relación cinemática entre dúas rodas, con z dentes e n revolucións por minuto cada unha, é:

n1 · z1 = n2 · z2

e a relación de transmisión, i, é:

i = n2n1 = z1z2

Se a roda de saída ten máis dentes ca a de entrada, o sistema reduce a velocidade e aumenta a forza.

Segundo como estean as árbores hai varios tipos: rodas rectas e helicoidais entre árbores paralelas, rodas cónicas entre árbores que se cortan, e parafuso sen fin e coroa entre árbores que se cruzan. É o sistema de transmisión circular máis empregado.

Descubre exemplos de uso das rodas dentadas

Proxecto
Mecanismos · V3
Orixinal
Antonio Lomba Baz, 2004
Licenza
Pendente
Política de cookies
Pendente
Aviso legal
Pendente
Política de privacidade
Pendente
Contacto
Pendente